Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional Código 653G01108
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 7
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Profesorado
Meijide Failde, Rosa
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
maria.sobrido@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia inclúe as bases históricas, fundamentos e documentación da Terapia ocupacional Inclúe dous obxectivos moi diferenciados: Nas bases históricas e iniciación aos fundamentos pretendemos que os alumnos ao final do curso teñan coñecemento da historia da Terapia Ocupacional e dos principais autores que contribuiron ao seu nacemento e desenrolo. Ademais se iniciará aos alumnos nos fundamentos teóricos e principios filosóficos da Terapia Ocupacional e comezarán a ter contacto cos diferentes marcos de referencia de Terapia Ocupacional necesarios para recoñecer e interpretar os procesos de función-disfunción ocupacional. E un segundo obxectivo referente á documentación en terapia ocupacional na que se verá cal é a estrutura dos traballos científicos en ciencias da saúde e a recuperación da información científica en Terapia Ocupacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Lecturas Traballos tutelados Obradoiro Presentación oral Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifican, e as metodoloxías programadas previamente de maneira presencial pasan a formato virtual mediante Teams e Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente (de luns a venres). Empregarase como repositorio de material documental e para a entrega de actividades. - Teams: Exposición de contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial. Esta opción será aplicable tanto na sesión maxistral como nos seminarios de grupos. Poderanse programar mais sesións según as necesidades para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se modifican os contidos da materia. *Observacións de avaliación: Manterense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial. - As diferentes actividades de avaliación tanto continuada como o exame final faranse de modo non presencial mediante a plataforma Moodle ou Forms e con soporte directo mediante Teams 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Disporán de materiais de traballo en formato dixital na plataforma moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes