Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico dos alumnos e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.


Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.

Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.
Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas pola docente e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.

Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.

Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguemento desa aprendizaxe polo profesor-titor, polo que consta dunha parte de traballo autónomo do alumno e outra parte de tutorías co profesor.


Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes