Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Introdución ao Dereito
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución ao Dereito Código 660G01001
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Faraldo Cabana, Cristina
Correo electrónico
c.faraldo@udc.es
Profesorado
Faraldo Cabana, Cristina
Correo electrónico
c.faraldo@udc.es
Web http://www.erlac.es
Descrición xeral A materia ten como finalidade proporcionarlle aos alumnos uns coñecementos que lle deberán servir de base para o estudo doutras materias de contido xurídico que se imparten na titulación. Preténdese que o alumno tome contacto coa realidade xurídica a través do coñecemento de institucións básicas do Dereito Civil, Constitucional, Administrativo, Mercantil e Fiscal. Ao ter o Dereito Civil un carácter supletorio respecto de calquera outras ramas do ordenamento xurídico, afondarase no estudo das institucións básicas, principalmente no Dereito Civil Patrimonial. É quizais o léxico xurídico o que dificulta a aprendizaxe na primeira toma de contacto co Dereito. Na maioría dos casos, os alumnos que inician o estudo da carreira non teñen costume de ler ou interpretar textos xurídicos, trátase pois de facilitar ese traballo, de tal maneira que se lle axuda ao alumno a coñecer e manexar con soltura o léxico xurídico, o que, como queda dito, lle vai proporcionar unha enorme axuda no estudo doutras materias da carreira. Para tal efecto, as clases prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso terán un carácter esencial. Nelas, o alumno tomará contacto coa realidade xurídica máis actual, a través do estudo e do comentario de resolucións xudiciais, e normas de calquera tipo; para iso será imprescindible a aprendizaxe no manexo das fontes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes