Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Dereito do Traballo I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A13 A16 A20 A27 A30 A31 B1 B2 B5 B8 C1 C6 A proba obxectiva que deberá facer o alumno para avaliar o seu nivel de aprendizaxe poderá realizarse de diversas formas, podendo se así se considera necesario, combinarse distintos tipos de preguntas: preguntas de test, preguntas de resposta múltiple de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén de consideralo oportuno poderá construíirse cun só tipo dalgunha das formas anteditas.
40
Portafolios do alumno A1 A13 A14 A16 A20 A27 A30 A31 A33 A35 B1 B2 B5 B6 B8 B9 B12 B14 B20 B21 C1 C3 C4 C6 C7 O portafolios ou carpeta- para os efectos desta materia- inclúe todos os documentos ou arquivos que deban ser entregados polo alumno para a súa puntuación como "traballos" ou "prácticas" xa consistan en traballos de investigación, análise de casos, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc. 60
 
Observacións avaliación

CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN

 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva final que representa o 40% da nota , e o conxunto de
prácticas realizadas durante o curso ,que comprenderá o 60% restante.

A entrega das prácticas para a súa valoración polo profesor
só poderá realizarse na plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada
caso polo profesor. Asimesmo lémbrase ós alumnos que a asistencia ás clases é
obrigatoria de modo que só poderán valorarse ás prácticas dos alumnos que
asistan ás clases o, en su caso, conten coa correspondente dispensa  . Para iso é preciso comunicalo con
antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que impida a
asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas dentro
do prazo asignado).

 

 

2º) Como alternativa para aqueles estudantes que non poidan
realizar o seguimento da materia  por
evalución continua, por ter recoñecida a dispensa de docencia, poderán optar
por examinarse nunha  proba obxectiva
durante os períodos de avaliación establecidos oficialmente para a primerira
oportunidade. Tal proba incluirá unha parte teórica ( 40% da nota ) e unha
parte prácica ( caso práctico ou suposto similar - 60% da nota ). De non
susperar a materia na devantida proba  o
alumno aparecerá como suspenso na convocatoria ordinaria e só poderá ser
reexaminado na segunda oportunidade (normalmente xullo) conforme ó expresado no
apartado seguinte.

 

A estos efectos, todos os alumnos deben explicar ao profesor
por correo electrónico se solicitaron a dispensa e se foi concedida e debe
indicar se a súa avaliación será AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL .

 

O ALUMNADO NON PODE EVALUARSE POR AVALIACIÓN CONTINUA E
SIMULTANEMENTE   POR PROBA OBXECTIVA
FINAL (DISPENSA)

 

Se non se indica expresamente o sistema de avaliación nun
plazo prudencial, entenderase que o alumnado opta por avaliación continua.

 

3º) A convocatoria de Xullo ( segunda oportunidade)  consistirá na realización dunha proba
obxectiva que incluirá unha parte teórica (representa o 40% da nota ) e unha
parte práctica ( caso práctico, ou supuesto similar que representa o 60% restante)
. Nota: os alumnos que superaran a parte práctica ou a teórica ( proba obxectiva)
durante eo cuatrimestre poderan presentarse só a recuperar a parte non
superada.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes