Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Prevención e Xestión de Riscos Laborais II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A22 A31 B1 B2 B12 Análisis dos supostos prácticos como complemento dos contidos teóricos expostos nas sesions maxistrais, con inclusión de casuísticas actuais relacionadas cos riscos laborais. 40
Proba mixta A5 B3 B6 C7 Proba escrita individual sobre o coñecemento dos contidos adquiridos polo alumno, tanto na modalidade tipo test como en preguntas a desenrolar. 60
 
Observacións avaliación

Será imprescindible obter o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a evaluar para que se sumen as diferentes metodoloxías
de cara a obter unha nota media final. A parte práctica ("Estudo de casos") supón o 40% da nota final, mentres que a parte teórica ("Proba obxectiva",
composta de preguntas test e de desenrolo) supón o 60% da nota final. 

De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa na
convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por
valor do 100 % da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa. 

Como alternativa, aqueles alumnos que non poida facer un normal seguimiento da asignatura, por ter recoñecida a Dispensa de Docencia, poderán
optar por examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva final durante os periodos de evaluación oficialmente
establecidos. De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa na convocatoria ordinaria e poderá volver
examinarse na oportunidade de Xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100% da cualificación,
versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa. 

Todos os alumnos farán constar ao profesor mediante email ou de forma visible na súa ficha de alumno se han solicitado dispensa, e se ésta se lles
concedeu, debendo consignar nese caso se optan por AVALIACIÓN CONTINUA ou PROBA OBXECTIVA FINAL. O alumnado non poderá ser
avaliado simultáneamente por avaliación continua e por proba obxectiva final. De non constar expresamente, ou non entregar a ficha nos quince días
posteriores ao comezo do curso académico, entenderase que optan pola PROBA OBXECTIVA FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a
convocatoria en curso. 

As adaptacións curriculares para estudantes con discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola Comisión de
docencia do centro, previo informe do servizo de orientación e prácticas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes