Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica.
Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura.
50
Solución de problemas A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 O traballo de Solución de Problemas realizado no último rotatorio avaliarase cos seguintes criterios que estarán especificados na rúbrica que consta no Cuaderno do Estudante:
1. Presentación e capacidade de síntese do contido: máximo 1 punto
2. Valoración por necesidades básicas: máximo 2 puntos
2. Razoamento diagnóstico: relación entre manifestacións de dependencia e diagnosticos de enfermaría: máximo 2 puntos
3. Determinación de prioridades, selección de problema ou problemas mais importantes tendo en conta o estado actual e os resultados esperados: máximo 2 puntos
4. Selección adecuada de intervencións de enfermaría e avaliación do plano de coidados segundo o planificado: máximo 2 puntos
5. Bibliografía actualizada e adecuada ao tema tratado, citada no texto do traballo e con referencias Vancouver: máximo 1 punto

O peso do traballo na nota total da asignatura e do 30%. A súa presentación e obrigatoria.
30
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 Entregarase, de xeito obrigatorio, ó finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase:
1- A capacidade de síntese no análise da unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: ate 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: ate 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: ate 4 puntos
O peso total do Portafolio na nota final e do 5%.
5
Presentación oral A62 B1 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 A presentación oral do traballo realizado ao final do último rotatorio é obrigatoria.
Realizarase nas datas asinadas polas profesoras e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación e se especifican na rúbrica publicada no Cuaderno do estudante:
- Calidade da presentación, clara, legible: máximo 2 puntos
- Axuste ao tempo previsto de exposición: máximo 2 puntos
- Capacidade de síntese, orde na exposición: máximo 2 puntos
- Dominio dos contidos, exposición fluida, terminoloxía científica e nivel de contacto co auditorio: máximo 4 puntos
O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%.
5
Seminario A62 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 A asistencia ao Seminario de Historia Clínica electrónica e Seminario Cirúrxico é obrigatoria.

Se valorará a participación dos estudantes en cada un dos seminarios i eventualmente, poderán ter que realizar documentos de conclusións e/ou proba de coñecementos relacionados cos temas tratados en cada un dos Seminarios realizados.

Cada un dos seminarios terá un peso na nota final da materia de un 5%. Polo que o peso total será de un 10%
10
 
Observacións avaliación
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes e obrigatorio estar matriculado oficialmente na materia Estadías Clínicas III e ter superadas as Estadías Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse dacordo á normativa xeral do Centro relativa as Estadías Clínicas. As ausencias serán recuperadas ao rematar os rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas, As profesoras publicarán o listado de recuperacións no taboleiro da Escola, ninguna recuperación fora de este listado será tida en conta. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.

Para aprobar a materia e preciso superar de xeito independente todalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios). 
A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. 
A cualificación numérica obteráse establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes. O sistema de cualificacións  expresaráse mediante numericamente de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre (BOE 18 de septiembre), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificaciones nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.

Os aspectos e criterios xeráis que a ter  en consideración ao avaliar as actividades que o estudante ten que realizar (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación oral, Seminario e Portafolios) serán:  
Asistencia, participación e compromiso individual/grupal, coherencia nos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica, na solución de problemas e no Portafolio do alumno; así como as competencias adquiridas para esta materia.

As probas superadas na convocatoria de maio- xuño conservarán a súa cualificación para a convocatoria de xullo, pero será preciso a superación de todas as probas para alcanzar a cualificación definitiva.  

Ao finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.

Tendo en conta que as metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia, na que na maioria das actividades son presenciais ou relacionadas ca presenza en prácticas (práctica clínica, seminario, solución de problemas ), e polo tanto non recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral.

Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial e non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes