Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas IV
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no contorno da atención primaria de saúde. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia, así coma o sistema de avaliación.
Prácticas clínicas Actividade formativa que conleva un contacto coa realidade profesional ó desenvolverse en centros de atención primaria de saúde e na comunidade, nas que os estudantes observan e participan nas actividades do equipo de saúde, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. Cada alumno terá asignado ó inicio do curso un centro de saúde para realizar o rotatorio.
Simulación Ponse ao estudante ante unha situación habitual da práctica de enfermaría en atención primaria na cal se proba o seu comportamento , os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Estudo de casos Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante, consistindo na selección dunha situación clínica concreta validada pola profesora responsable da materia, para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira. Deberá realizarse a presentación oral a outors/as estudantes e ás profesoras.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes