Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fisioloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisioloxía Código 661G01105
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 12
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Gómez Tellado, Manuel
Correo electrónico
manuel.tellado@col.udc.es
Profesorado
Gómez Tellado, Manuel
Correo electrónico
manuel.tellado@col.udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é abordar o coñecemento e comprensión da función dos sistemas do organismo humano de forma integrada, é decir os mecanismos que o organismo utiliza para manter en equilibrio todas as súas funcións e as interrelacións entre elas. Comprender as alteracións que se producen cando fallan os mecanismos de compensación fisiolóxicos e as súas manifestacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral – Discusión dirixida (computa na avaliación) – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación) – Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - Estudio de casos. Estudo de casos realizado en grupo, modifícase á modalidade individual. - Proba mixta. Esta proba escrita de pregunta curta e tipo test e resolución dun caso para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos; modificouse a un exame só tipo test. - Presentación oral. Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/resultados dos obxectivos de resolución dos problemas. Esta metodoloxía eliminase da planificación polas dificultades para o seu desenvolvemento. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - Exame: tipo test de resposta múltiple en modalidade non presencial. O aprobado está no 50% das respostas acertadas. - Resolución de casos clínicos : O caso clínico enviarase aos alumnos con un tempo de realización limitado de 1 hora e terá que ser enviado por e-mail no prazo esixido. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: -. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. -. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). -. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. -. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Dispoñerán de materiais de traballo da maneira dixitalizada a través do Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes