Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento Código 710G03005
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Profesorado
Mato Santiso, Vanessa
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral A xestión da cadea de subministro trata sobre a organización e deseño de todos os procesos necesarios, tanto internos como externos, para que unha empresa produza e entregue os bens e servicios demandados polos seus clientes nas condiciones de lugar, tempo, calidade e custo requiridas. Nesta materia introdúcense os conceptos teóricos básicos e as metodoloxías prácticas que permiten a resolución de diversos problemas que xorden na xestión da cadea de subministro da moda.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC. *Metodoloxías docentes que se modifican - Non se realizan modificacións. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. Disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. Ademais, o alumnado disporá dun foro específico para formular dudas e preguntas relacionadas coa materia. O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo a súa necesidade. - Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado. - Microsoft Stream: esta ferramenta porá a disposición do alumnado, na canle da materia, os vídeos das clases expositivas e interactivas, para a súa consulta asíncrona, así como os vídeos do seminario celebrado no marco da materia -se este se realizase-. 4. Modificacións na avaliación - Mantéñense as metodoloxías indicadas na guía docente (entre elas a proba mixta, que se realizaría de forma non presencial), agás as referencias ao cómputo da asistencia e participación activa nas clases, que só se realizarán respecto das sesións que tiveron lugar de xeito presencial até o momento no que se suspendeu a actividade presencial. De ser o caso, o peso da participación activa nas clases na nota final (10%) engadiríase ao dos traballos tutelados, cuxo peso na nota final pasaría a ser dun 30%. *Observacións de avaliación: - As indicadas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materias de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) de forma dixitalizada en Moodle. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes