Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda Código 710G03015
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Anido Martinez, Cristina
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Peón Pose, David Olegario
Puime Guillén, Félix
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
david.peon@udc.es
felix.puime@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende: • Introducir os conceptos básicos relativos ao proceso de elaboración, comunicación e interpretación da información financeira • Formar os coñecementos e desenvolver as habilidades básicas para comprender a problemática financeira da empresa • Proporcionar fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado das empresas (en particular, das empresas de moda) e tomar decisións para a súa xestión
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Todas, ao poder aplicarse tanto na aula presencial como virtual mediante ferramentas TIC síncronas e asíncronas. *Metodoloxías docentes que se modifican – Non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado CORREO ELECTRÓNICO – De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. MOODLE – Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas – Difusión de materiais. A disposición do alumnado en función da evolución no contido da materia – Actividades de autoavaliación e avaliación. Na data e no horario acordado TEAMS – Videoconferencias para a realización das sesións expositivas e interactivas. Semanalmente na franxa horaria que ten asignada a materia – Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo – Videoconferencias para a realización das actividades de avaliación. Na data e no horario acordado 4. Modificacións na avaliación – Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: – Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, e ademais: – As actividades de avaliación realizaranse a través de Moodle, podendo o docente requirir a defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas. – Solicitarase ao alumnado que estea conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba para as oportunas verificacións por parte do docente. – No caso de acontecer problemas de conexión no momento de realizar as actividades de avaliación, realizarase posteriormente unha videoconferencia en Teams co alumnado afectado para realizar a actividade oralmente e así adaptarse aos problemas de conexión sobrevidos. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía – Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes