Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Taller 5: Xestión de Tendencias e Coleccións
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Taller 5: Xestión de Tendencias e Coleccións Código 710G03036
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey García, Marta
Correo electrónico
marta.reyg@udc.es
Profesorado
Rey García, Marta
Correo electrónico
marta.reyg@udc.es
Web http://http://gradoindustrialmoda.udc.gal/
Descrición xeral No Obradoior de Xestión de coleccións e Tendencias de Moda, o estudante traballará nas fases iniciais da creación dunha colección de moda. A partir da busca e interpretación de tendencias, pasando pola creación de moodboards, cores, harmonías, conceptualización e deseño de pezas específicas, o alumnado traballará na identificación, busca e transformación de tendencias, conceptos e ideas para obter como produto final unha colección de prendas definidas e cohesionadas. A orientación práctica do obradoiro significa unha metodoloxía didáctica dinámica baseada, en gran medida, no traballo en equipo, de xeito que cada grupo debe preparar unha colección cápsula (en formato de esquema e fichas técnicas) e facer unha presentación final onde se explicará o proceso, desde a orixe da colección (inspiración, tendencias) ata o propósito, detalle e características das pezas. DOCENTE: MERITXELL VILALTA REDÓ. Licenciada en Deseño Téxtil pola ESDI, iniciou a súa carreira profesional na Cooperativa Textil Teixidors, S.C.C.L, traballando un tempo despois no Grupo Inditex (Zara), onde desenvolveu a maior parte da súa carreira. En Inditex, traballou como deseñadora para o departamento de mallas de Zara Man, na oficina de Compras de Shanghai (onde se encargou do abastecemento, xestión da calidade e seguimento da produción de Zara Man) e, de volta en Arteixo, asumiu o departamento de Calidade Transversal de Zara Man, rematando a súa etapa en Inditex no departamento de Sostibilidade Corporativa. Actualmente é formadora en varias escolas de deseño.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes