Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Asignaturas
  Electrónica e instrumentación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 A27 B1 B3 B5 B6 Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase. 30
Presentación oral B3 B4 B5 B6 B7 C1 Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que terá que ser defendido/presentado oralmente. 10
Prácticas de laboratorio A7 A27 B2 C1 A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia. 10
Prácticas a través de TIC A7 A27 B1 B2 B3 B5 C1 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación. 20
Proba obxectiva A7 A27 B1 B2 B3 B5 A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. A proba obxectiva realizarase nas convocatorias oficiais de Xaneiro e Xullo. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.


A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de resposta múltiple e Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:

  • Que se realizasen as Prácticas de laboratorio cunha puntuación maior ou igual que 5.
  • Que a nota da Proba obxectiva sexa maior ou igual que 12.

No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será o resultado de multiplicar por 0,7 a suma das notas da Proba Obxectiva e da Proba de resposta múltiple.

As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes