Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Tecnoloxía da construción naval
   Competencias do título
Código Competencias do título
A20 Coñecemento das características dos materiais estruturais navais e dos criterios para a súa selección
A21 Coñecemento dos procedementos e sistemas que se empregan para o control da corrosión mariña
A28 Coñecemento dos métodos de proxecto da súa tecnoloxía específica
A29 Coñecemento dos procesos de construción naval
A31 Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais, así como dos criterios para a súa selección
A33 Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais
A34 Coñecemento das máquinas eléctricas e dos sistemas eléctricos navais
A35 Capacidade para proxectar sistemas hidráulicos e pneumáticos
A37 Coñecemento dos métodos de proxecto dos sistemas auxiliares dos buques e artefactos
A38 Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica
A39 Coñecemento dos procesos de montaxe a bordo de máquinas, equipos e sistemas
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C4 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben enfrontarse
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes