Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación pormenorizada da materia. Obxectivos, horarios, contidos e criterios de avaliación.
Traballos tutelados Realizaranse ao longo do semestre diferentes traballos en grupo, preferiblemente de 5 alumnos/as. As diferentes temáticas a traballar comunicaranse na aula os días correspondientes. En caso de que o traballo non poida finalizarse na aula, nese momento establecerase a data de entrega deste.
Análise de fontes documentais Ao longo do semestre facilitarase aos alumnos/as diferentes materiais que deben revisar e utilizar nos diferentes traballos propostos.
Presentación oral Presentación oral do traballo tutelado.
Proba mixta O exame da materia consistirá nunha proba combinada de preguntas tipo test de resposta única e de preguntas de tipo resposta curta.
Sesión maxistral A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio de imaxes e vídeo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes