Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Técnicas de Anestesia e Reanimación en Podoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases teóricas desenvolveranse seguindo a metodoloxía de clases expositivas participativas e o estudo e análise de artigos científicos relacionados coa materia que serán entregados polo profesor en combinación con sesións clínicas sobre casos reais segundo horario aprobado en Xunta de Centro utilizándose para o seu desenvolvemento medios audio visuais como presentacións e vídeos didácticos.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que foron recollidos e editados como fonte de profundización nos contidos traballados.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de todos aqueles coñecementos, técnicas e probas adquiridos na sesión maxistral e que requiran dunha escenificación por parte do profesor con participación activa do alumno.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo ensaio e preguntas tipo test obxectivo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes