Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Análise Contable
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas de análise contable tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polos docentes e participación na discusión dos mesmos.
Estudo de casos Traballo en grupo, guiado polos docentes, para a resolución e discusión dun caso baseado en empresas reais. O alumnado, a través da aplicación de técnicas de análise contable e dun proceso de discusión entre os membros do grupo de traballo, debe ser capaz de identificar información relevante, interpretala e chegar a unha conclusión razoada.
Prácticas a través de TIC Uso da folla de cálculo para desenvolver a análise contable e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo.
Presentación oral Defensa durante as sesións de seguimento e presentación do traballo realizado en grupo.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes