Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Asignaturas
  Análise Contable
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B2 B3 C1 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
Estudo de casos A2 B2 B3 B7 B8 C1 C3 C7 Resolución dun caso práctico de análise contable traballando en grupo. 15
Presentación oral B4 B9 C4 No marco do caso práctico de análise contable resolto en grupo, valorarase de xeito individual a defensa na presentación oral. 15
Sesión maxistral B3 B7 B8 B9 C7 C8 Puntuarase a realización de tarefas e probas aleatorias de avaliación. 30
 
Observacións avaliación

O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidas durante as sesións e no foro virtual.  

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

Segundo a normativa, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte. Seguirá o mesmo sistema de avaliación, coas seguintes particularidades: a súa participación activa terá lugar mediante o foro virtual e, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Se non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado.

Avaliación da segunda oportunidade

Na segunda oportunidade, para poder recuperar
a avaliación continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:

a) Cualificación acadada
ao longo do curso nas metodoloxías de avaliación continua (60%); máis a
cualificación acadada na proba mixta da segunda oportunidade (40%).  

b) Exclusivamente pola cualificación acadada
na proba mixta da segunda oportunidade (100%)

Avaliación adiantada. No caso de que ao alumno se lle conceda unha
oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso,
realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes