Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito Societario e Cooperativo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A33 B1 A proba obxectiva que deberá facer o alumno para avaliar o seu nivel de aprendizaxe poderá realizarse de diversas formas, podendo se así se considera necesario, combinarse distintos tipos de preguntas: preguntas de test, preguntas de resposta múltiple de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén de consideralo oportuno poderá construíirse cun só tipo dalgunha das formas anteditas.
70
Portafolios do alumno C7 C8 portafolios ou carpeta- para os efectos desta materia- inclúe todos os documentos ou arquivos que deban ser entregados polo alumno para a súa puntuación como "traballos" ou "prácticas" xa consistan en traballos de investigación, análise de casos, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, etc. 30
 
Observacións avaliación
1)A proba obxectiva será un exame oral ou escrito, en cualquera das súas modalidades (test, desenvolvemente, teórico-práctico ou unha combinación destos), constando de dous partes diferentes e puntuadas sobre 5 puntos cada unha: unha adicada a Dereito Societario; e outra, a Dereito Cooperativo.

E, para superar a asignatura, será necesario superar o 5 na suma das dúas partes das que se compón.

2)A proba obxectiva representa o 70% da valoración da materia e as clases prácticas e o resto de metodoloxías o 30% restante.

3) Nas convocatorias extraordinarias, a evaluación realizarase exclusivamente en base ás respostas dadas ás preguntas plantexadas nas correspondentes probas objectivas.

4) Recórdase ós alumnos que a asistencia a clase é preceptiva, de modo que isto permite a posibilidade de vincular a valoración das prácticas a entregar á asistencia participativa na clase correspondente.

5) A entrega das prácticas, documentos ou arquivos elaborados polos alumnos (e que integrarán os seus portafolios individuais) farase exclusivamente a través de Moodle e nos prazos fixados para cada unha delas.

6) Proba de conxunto: Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos relacionados no programa (alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia). Esta proba estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes