Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Deseño e Procesado con Polímeros
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño e Procesado con Polímeros Código 771G01011
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Abad López, María José
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
Profesorado
Abad López, María José
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten coma obxetivo adquir os coñecementos necesarios para que os alumnos poidan deseñar con exito un novo producto en materiais poliméricos, tendo en conta, as caracteristicas especiais que os diferencian dos materiais tradicionais e os procesos de fabricación mais idóneos para eses materiais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificacións nos contidos da materia 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Proba de resposta múltiple: Despois de cada sesión maxistral o alumnado que asistiu a clase poderán facer un test online sobre a materia vista na clase, a través da plataforma Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: A exposición oral farase por videoconferencia usando TEAMS. Ademais utilizarase o foro de dúbidas de Moodle para fomentar a participación do alumnado. Aprendizaxe Servizo: A profesora reorientará o proxecto de aprendizaxe-servizo para acadar obxetivos que non precisen a interacción presencial cas persoas usuarias da entidade colaboradora. Traballos tutelados: A exposición oral do traballo e as titorías faranse por videoconferencia mediante TEAMS. Prácticas de laboratorio: las prácticas de laboratorio pasarán a formato on line. A profesora porá a disposición dos estudantes vídeos, instrucións e outra documentación necesaria. Se habilitarán titorías virtuais (mediante Teams), foro de dúbidas en Moodle ou outros formatos de titorización non presencial para atender as dúbidas do alumnado. Proba obxectiva: exame tipo test mediante a plataforma MOODLE 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico (mediante email ou Moodle). Videoconferencia ou chat (TEAMS). Temporalización: As dúbidas e consultas que teñan os estudantes poden realizarse mediante correo electrónico (comunicación asíncrona) ou mediante videoconferencia (comunicación síncrona) segundo a preferencia do estudante ou a temática a tratar. O horario para a atención personalizada será flexible, podendo acordar con estudante a data e hora que mellor se adapte as súas necesidades. As dúbidas por email ou Moodle ou chat do Teams contestaranse nun prazo máximo de 24 horas. Isto e aplicable de luns a venres, en días lectivos. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación prevista na GADU *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai cambios. O estudantado terá en Moodle presentacións e materiais adicionais. Ademais, dispoñen dos recursos bibliográficos on line da biblioteca da UDC onde poden consultar libros e bibliografía científica especializada para a realización do traballo tutelado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes