Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Xestión da Calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 B1 B4 B7 C5 C8 Os traballos tutelados a realizar por parte do alumnado son os seguintes:
TRABALLO 1: "O MUNDO DAS MARCAS/SELOS DE CALIDADE"
Neste traballo expoñerase o marco conceptual e as características dunha serie de marcas/selos de calidade habituais na actualidade.
TRABALLO 2
O 2º traballo versará sobre distintos aspectos da materia nos que o alumnado debe afondar con maior detalle, a proposta dos docentes.
Ambos traballos realizaranse en grupos de 2-3-4-5 persoas, segundo o número total de alumnos/as matriculados/as. Na valoración dos traballos terase en conta tanto o contido destes, coma a forma de presentación en soporte papel/dixital e oral, así como, o debate xerado por parte do resto dos grupos receptores e oíntes.
25
Proba mixta A8 B5 Ademais, o alumnado ten que realizar o exame final ao rematar o cuadrimestre, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos por este en relación aos conceptos tratados. O exame final estará formado por un conxunto de preguntas tipo test, que puntuará de 0 a 10. 75
 
Observacións avaliación

A nota do exame ponderará ao 75% da nota final e contará a partir do 3,5 puntos, os traballos e asistencias ponderarán o outro 25%.

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ao inicio do curso a
súa situación aos docentes da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b
e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na
Xunta de Escola mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da
Guía e un traballo a consensuar co profesorado da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes