O obxectivo desta materia é, por unha banda, entender a importancia da avaliación na xestión das políticas públicas e, por outro, aprender a realizar estudos de avaliación de impacto de políticas públicas en distintos ámbitos e contextos, e con distintas metodoloxías. A materia ten un enfoque práctico: o estudo de casos prácticos de avaliación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
-Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral
-Proba mixta (computa na avaliación)
-Estudo de casos (computa na avaliación)
-Prácticas a través das TIC
-Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Non se realizarán cambios. Unicamente se levarán a cabo de xeito virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos casos prácticos.
- Moodle/Faitic: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos foros da materia para formular as consultas necesarias.
- Teams/emeeting: Sesións en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos casos prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia. Ademais, realizaranse as sesións que demande o alumnado en pequeno grupo.
4. Modificacións na avaliación
-Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
-Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
-Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías