Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación
Coordinación
Cerdeira Pena, Ana Belen
Correo electrónico
ana.cerdeira@udc.es
Profesorado
Cerdeira Pena, Ana Belen
Condori Fernández, Olinda Nelly
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Galaktionov Hodovaniuk, Daniil
López Rodríguez, Juan Ramon
Parama Gabia, Jose Ramon
Varela Rodeiro, Tirso
Correo electrónico
ana.cerdeira@udc.es
n.condori.fernandez@udc.es
alejandro.cortinas@udc.es
d.galaktionov@udc.es
juan.ramon.lopez@udc.es
jose.parama@udc.es
tirso.varela.rodeiro@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos).
- Solución de problemas: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos). Titorías individuais e/ou grupais mediante Teams.
- Prácticas de laboratorio: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos). Titorías individuais e/ou grupais vía Teams.
- Proba mixta: pasa de ser presencial a un test vía Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Dado que a docencia será exclusivamente virtual, toda a atención personalizada será realizada a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, correo electrónico, foros de Moodle)
- Para as titorías, pedirase aos estudantes que soliciten cita para realizar videochamadas nos horarios establecidos en espazos.udc.es.
4. Modificacións na avaliación
- Prácticas de laboratorio (80%): proba de linguaxe SQL vía Moodle (40%) e deseño e implementación dunha base de datos relacional (40%).
- Proba mixta (20%): exame on-line mediante Moodle. En caso de problemas xustificados de conexión, conectividade telemática ou acceso informático o día da proba, buscaranse alternativas cos estudantes afectados coa posibilidade de realizar esta proba en diferentes momentos ou en diferentes modalidades. Elimínase o requisito de nota mínima previamente establecido nesta parte para superar a materia.
*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que a parte da nota correspondente ao deseño e implementación dunha base de datos relacional poderá ser tamén recuperable na segunda oportunidade, o mesmo que acontece coa proba de linguaxe SQL e a proba mixta.
- No caso de realizar a recuperación dunha parte en segunda oportunidade, a nota final nesa parte será a que se obteña na segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes en segunda oportunidade, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías