Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas as metodoloxías docentes serán modificadas para adaptalas á modalidade docente non presencial.
Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: Para a exposición dos contidos da materia, substituirase a clase de teoría presencial na aula por videoconferencia (en directo, gravada e compartida cos estudantes).
- Prácticas de laboratorio: As prácticas pasarán a realizarse de maneira virtual mediante Teams.
- Estudo de casos: A explicación do problema proposto realizarase de forma virtual ou cun vídeo gravado.
- Proba obxectiva: Substituirase a proba obxectiva de avaliación dos contidos teóricos da materia por cuestionarios Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Utilizaranse as ferramentas Email, Moodle, Microsoft Teams e Microsoft Stream coa temporización indicada a continuación.
- Email: Medio principal de interacción cos estudantes. Uso deste medio diariamente, e baixo demanda segundo as necesidades docentes ao longo do cuadrimestre.
- Moodle: Medio principal de compartición de materiais docentes da materia (transparencias, enunciados das prácticas de laboratorio, gravacións das sesións maxistrais, ...), e de comunicación de noticias durante o curso. Uso deste medio baixo demanda segundo as necesidades docentes ao longo do cuadrimestre.
- Microsoft Teams: Medio utilizado para realización de videoconferencias nas que se imparten os contidos teóricos da materia, para gravación das devanditas videoconferencias, para a asistencia aos estudantes durante a realización das prácticas, e para realización de titorías en liña. Dispoñibilidade nos horarios oficiais de prácticas e teoría. Tamén baixo demanda en función das necesidades dos estudantes.
- Microsoft Stream: Medio utilizado para distribución das gravacións das videoconferencias realizadas con Microsoft Teams.
4. Modificacións na avaliación:
+ Ningunha modificación
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios na bibliografía recomendada.
|