Esta materia consta de dous módulos diferenciados. Na primeira parte da materia ou módulo I, preséntase ao estudante as características físicas das infraestruturas de telecomunicacións, tanto para redes con fíos coma sen fíos. Explícanse os conceptos fundamentais da transmisión de datos tales coma o ancho de banda, resposta en frecuencia, modulación, velocidade de transmisión entre outros.
Na segunda parte ou modulo II, introduce ao estudante os conceptos básicos de deseño, despregue, operación e mantemento dun centro de proceso de datos (CPD). Inclúe os fundamentos de deseño de espazos físicos para a súa localización, ferramentas e técnicas de deseño de cableado, sistemas de alimentación eléctrica, climatización, control de acceso e sistemas de vixilancia. Tamén se abordan os virtualización da infraestructua do CPD, tanto de servidores como de clientes. Estúdiase a organización e operación tradicional dun CPD. Finalmente, abórdase o estudo da normativa e regramentos que afectan a este tipo de instalacións.
Plan de continxencia
Se non é posible levar a cabo a docencia de xeito presencial ou híbrido, non se alterarán nin os contidos nin a bibliografía recomendada. Para a atención personalizada, seguiranse os métodos telemáticos proporcionados no apartado correspondente desta guía.
As sesións maxistrais previstas na sección de metodoloxía docente cubriranse mediante a provisión na ferramenta de teleformación de vídeos curtos. Durante o horario de clases expositivas o profesor permanecerá conectado, a través de Teams, para aclarar os conceptos expostos nos videos e aclarar as dúbidas.
A realización das prácticas levarase a cabo de forma remota mediante a titorización continua do profesor, que usará os medios descritos no apartado de atención personalizada para este fin. Habilitaránse medios telemáticos para a súa entrega e defensa.
O tipo de proba (presencial ou remota) dependerá das recomendacións sanitarias.
Tampouco se modificará a avaliación e as porcentaxes especificadas no apartado correspondente desta guía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías