Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Orientación socioeducativa para a igualdade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B22 C1 C3 C5 C7 O portafolio recolle as actividades que van computar para a avaliación e que serán propostas polo profesorado da materia ó comezo de cada módulo. Os estudantes non presenciais presentaran un portafolio acordado coas actividades que indica cada profesorado que imparte cada módulo (deben poñerse en contacto co mesmo. Habilitarase un apartado e Campus Virtual) e as/os estudantes online presentarán un portafolio coas actividades que indique o profesorado (habilitarase un apartado no Campus Virtual). Para aprobar a materia todas/os estudantes hai que ter superadas todas as actividades de cada módulo (se queda algún módulo suspenso conleva o suspenso do portafolio, sexa estudante presencial, online ou non presencial) . O peso na cualificación final de cada módulo é a seguinte:


-15% o módulo I (tema 1 e 2)
-30% o módulo II (tema 3 e 4)
- 10% para o módulo III (tema 5)
-45% para o módulo IV (tema 6)
100
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia (exposta no
apartado da guía docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en
conta antes de nada o seguinte:

 

a)ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE
(ou alumnado con dispensa académica) (estudantes presenciais)
 considéranse que asisten un 80%, isto equivale a
non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con
xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un
traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique
que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outra falta sempre co
documentación homologado. Non se poderá ter máis de dúas faltas de asistencia
en cada un dos módulos.

A avaliación destes alumnos ten en conta
únicamente o portafolio

 

b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A
CLASE (estudantes non presenciais)
  OU
ESTUDANTES ONLINE
 considéranse que non asisten cando faltan máis dun
80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar, ou ben ten máis de dúas
faltas nunha das partes da materia (técnicas de recollida e/ou análise da
información). Se xustifica as faltas médicas (con xustificante correctamente
cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante
correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se
está a traballar), aínda que en ningún caso estes xustificantes suporán a
posibilidade de realizar as actividades das clases fóra de prazo. Tamén pode
ser aquel estudantado que así opte dende o inicio da materia, xa que na matricula
optan pola forma online.

Estes estudantes presentarán un portafolio
específico que aparecerá explicado en cada módulo da materia. Estes estudantes
ao inicio da materia debe poñerse en contacto individualmente co profesorado
responsable de cada módulo.

 NOTA MUY IMPORTANTE Nas
clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando
todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do
profesorado como do alumnado

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes