Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Dereito Internacional Público
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. 1
Actividades iniciais A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades iniciais se realizarán ao comezo de cuadrimestre. 18
Estudo de casos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 20
Proba obxectiva A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O exame será final e escrito. 40
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Conferencias y seminarios de especialidad en los que intervendrán especialistas en la temática de las actividades organizadas. 1
Proba de resposta breve A3 Contestación a preguntas tipo test. 20
 
Observacións avaliación
Existen dúas modalidades de avaliación: continua e global.

MODELO DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDAD): Para superar a materia, o alumnado deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous cuestionarios tipo test, así como asistir e participar nas clases prácticas, onde se realizarán os estudos de caso e as actividades de aprendizaxe por proxectos. Con estas probas, poderase alcanzar un máximo de seis puntos. Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas. Ademais, ao final do cuadrimestre, o alumnado realizará un exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel mínimo esixido para a superación do exame final será de dous puntos. A cualificación das probas de avaliación continua sumarase á do exame final soamente se no exame final se alcanza unha nota igual ou superior a dous puntos.

MODELO DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDAD): A avaliación do alumnado que non siga o modelo de avaliación continua consistirá en dúas partes: (1) a realización dun exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que representará o 60% da cualificación final da materia; e (2) a realización dun exame práctico que consistirá nun cuestionario tipo test, que representará o 40% da cualificación final da materia.

Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez puntos sobre dez.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas dúas oportunidades de exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes