Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Terán por obxecto indagar sobre os coñecementos previos e a motivación do alumnado sobre a temática de cada unidade ou bloque temático.
Presentación oral Dos conceptos chave de cada bloque temático e unidade . Da estructura e oganización dos contidos esenciais. Dos casos, informes e textos sobre os que se desenvolverá o traballo grupal e individual.
Discusión dirixida Tomando como base as lecturas indicadas no seminario, os casos prácticos estudados ou as indagacións que o alumnado realiza sobre as temáticas previamente fixadas, levarase a cabo unha discusión dirixida que ten como fin construír unha aprendizaxe significativa na que o alumnado revise, cuestione e faga seu o coñecemento.
Estudo de casos Ten por obxecto relacionar o coñecemento teórico e práctico sobre a problemática da inclusión educativa.
Permite analizar aspectos de avaliación diagnóstica e detección, tratamento individualizado e adaptacións do curriculum tanto desde unha perspectiva individual como institucional.
Seminario Será o núcleo principal da actividade presencial. Búscase unha participación informada do alumnado que se documentará previamente seguindo as orientación bibliográficas facilitadas.
Simulación Cada equipo de forma autónoma, seleccionará un tópico, un tema que consideran que pode estar de actualidade na práctica psicopedagóxica, por ser unha barreira para a inclusión do alumnado. Esta simulación reproducirase na aula mediante unha dramatización ou un video. Consta dos seguintes apartados: presentación da situación problemática, simulación da abordaxe e búsqueda de solución do equipo docente/DO/distintos axentes da comunidade educativa e realización dunha proposta adaptada á situación.
Lecturas As lecturas máis esenciais serán facilitadas con antelación á realización de cada sesión. O alumnado orientado pola bibliografía facilitada na materia, complementará estas lecturas coas da súa elección, utilizando bases de datos de calidade contrastada. A lectura é indispensable para propiciar unha discusión académica apropiada ao nivel do mestrado. Valorarase a súa incorporación nas distintas actividades de avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes