Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
 Asignaturas
  Inmunoloxía
   Contidos
Temas Subtemas
Programa do curso teórico: Subtemas do programa do curso teórico:
CAP. 1: Introdución á Inmunología. - Curta reseña histórica
Cap. 2: Compoñentes do sistema inmune. - Células do sistema inmune: xénese e liñaxes. Órganos linfoides primarios e secundarios: estrutura e función. Circulación linfocitaria: Tráfico celular e moléculas implicadas.
Cap. 3. O sistema inmune innato. - Concepto. Caracteristicas. Barreiras físicas, químicas e biolóxicas de defensa. Compoñentes celulares. Compoñentes humorales. Receptores do sistema inmune innato. Mecanismos efectores da inmunidade innata. Fagocitosis e inflamación: fases, células e moléculas efectoras implicadas. Interaccións coa resposta adaptativa.
Cap. 4. O sistema inmune adaptativo/especifico. - Concepto. Características e propiedades (especificidade, carácter clonal, adaptabilidad, memoria). Compoñentes celulares: Linfocitos B e T. Células presentadoras de antígenos. Fases do mecanismo adaptativo. O recoñecemento do antígeno: Receptor superficial dos linfocitos T (RCT) e B (RCB). Fase de activación e proliferación celular: Mecanismo de selección e expansión clonal. Fase de diferenciación celular: Diferenciación dos linfocitos T e B. Fase efectora. Mecanismos inmunitarios: Inmunidade celular. Inmunidade humoral.
Cap. 5. Antígenos/inmunógenos/haptenos. - Concepto de antíxeno. Natureza química. Propiedades. Concepto de inmunóxeno. Concepto de epítopo: natureza e tipos. Haptenos e conxugados hapteno-portador. Tipos de antígenos: secuenciais conformacionais, T dependentes e independentes. Multivalentes, Superantíxenos, Autoantíxenos e Mitóxenos.

Cap 6. Anticorpos (inmunoglobulinas).

- Concepto. Estrutura molecular: caracteres. Rexións variables e a súa unión ao antígeno. Rexións constantes e función efectora. Clasificación (clases, subclases). Expresión: Inmunoglobulinas de membrana e secretadas. Funcións biolóxicas e distribución dos anticorpos.

Cap.7. Reaccións antíxeno-anticorpo.

-Estrutura do parátopo. Complementa-riedade entre antíxeno e anticorpo. Caracteres da unión antíxeno-anti-corpo: afinidade, avidez e especificidade. Significado biolóxico: neutralización, opsonización, activación do comple-mento, citotoxicidad celular dependente de anticorpo (ADCC).

Cap. 8. Citoquinas.

- Concepto. Propiedades xerais. Mecanismos de acción biolóxica. Receptores de citocinas: tipos. Regulación dos efectos das citocinas. Clasificación funcional: citocinas que median as respostas inmunes.

Cap. 9. O sistema do complemento.
- Concepto. Compoñentes.
Nomenclatura. Activación do sistema do complemento: Vía alternativa. Vía clásica. Vía das lectinas. Vía lítica. Receptores das proteínas do complemento. Regulación. Funcións biolóxicas.
Cap. 10. . Moléculas de histocompatibilidade - Concepto. Complexo principal de histocompatibilidad (CPH/MHC). Xenes de histocompatibilidad: Propiedades. Estrutura das moléculas de histocompatibilidad: Clases I e II. unión péptido-moléculas do CPH: Caracteres. Polimorfismo das moléculas do MHC na súa unión a péptidos. Expresión das moléculas do MCH. Funcións biolóxicas.

Cap.11. Procesamento e presentación de antíxenos.

- As células presentadoras de antígenos: función. Recoñecemento do antígeno peptídico. Procesamiento (degradación) do antígeno: Rutas endocitica (extracelular) e citosólica (intracelular). Ensamblaje dos péptidos ás moléculas do MHC. Presentación e Expresión dos complexos péptidos-clase I/II na superficie das CPA.

Cap.12. Desenvolvemento, maduración, activación e diferenciación dos linfocitos B.

- Desenvolvemento e maduración na medula ósea: Diferenciación de linfocitos B antíxeno independentes: Expresión de marcadores superficiais (CD19, 10). O receptor funcional para antíxenos (BCR). Maduración das células B: Procesos de selección clonal negativa e positiva. Produción de linfocitos B maduros virxes. Migración cara a órganos linfoides 2ªrios antíxeno-dependentes: Activación polo antíxeno de linfocitos B. Estrutura e función do receptor BCR. Proliferación da célula B por activación dos linfocitos T Helper (CD4). Diferenciación a células plasmáticas. Migración de células B cara a folículos primarios: Diferenciación de células B activadas en células B de memoria.

Cap.13: Desenvolvemento, maduración, activación e diferenciación dos linfocitos T.
- Migración de precursores das células T ao timo. Desenvolvemento e diferenciación de linfocitos T antíxeno-independentes: Expresión de marcadores superficiais (CD3, 4 e 8). Maduración das células T: Mecanismos de selección clonal positiva e negativa. Produción de células T maduras virxes. Migración cara a órganos linfoides secundarios. Activación dos linfocitos T maduros polo antíxeno. O receptor TCR: estrutura e función. Interaccións do receptor da célula T/ligando específico do CMH: Activación dos linfocitos T. Proliferación de linfocitos T maduros. Diferenciación a linfocitos T efectores. Subpoblacions de linfocitos T efectores: Linfocitos T citotóxicos: CD8). Linfocitos T cooperadores (Helper: CD4): Función das subclases Th1 e Th2. Produción de linfocitos T de memoria.

Cap.14. A resposta inmune.

- Concepto. Mecanismo de acción. Tipos de respostas. Resposta Inmune Celular. Caracteres da cooperación celular: influencia do Antíxeno e do microambiente, células efectoras implicadas. Resposta Inmune Humoral: Caracteres Fases de activación, proliferación e diferenciación dos linfocitos. Resposta inmune primaria. Memoria inmunológica. Resposta inmune secundaria

Cap. 15: A tolerancia inmunitaria.

-Concepto de tolerancia inmunitaria. Propiedades xerais. Mecanismos da tolerancia inmunológica. Tolerancia central e periférica das cels T e B. Mecanismos de indución de tolerancia: Delección clonal, anergia clonal. Ignorancia inmunológica, Células T supresoras/reguladoras. Interaccións célula-célula: axuda e supresión. Tolerancia aos antígenos propios e estranos.
Programa do curso práctico: Prácticas a desarrollar en el laboratorio (INIBIC):

Práctica 1
- Protocolo para a extracción das distintas poboacións de células sanguíneas no sangue periférico:
* Separación de leucocitos por gradiente de densidade con Histopaque.
* Obtención de células mononucleares do sangue periférico (linfocitos e monocitos).
* Obtención de granulocitos.
* Obtención de plaquetas

Práctica 2.
- Citometría de fluxo: Determinación antixénica das células do sistema inmunolóxico.
- Illamento de linfocitos T mediante Sorter.

Práctica 3

- ELISA (Ensaio por inmunoabsorción ligado a enzimas): Detección de anticorpos específicos ou citoquinas solúbeis en soros.
Práctica 4. Inmunohistoquímica: Identificación de marcadores antixénicos en mostras tisulares conxeladas ou en parafina, a través de técnicas de fluorescencia ou enzimáticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes