Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboratorio de Química 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Laboratorio de Química 2 Código 610G01032
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Soto Ferreiro, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.soto.ferreiro@udc.es
Profesorado
Ojea Cao, Vicente
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Ruiz Pita-Romero, Maria
Soto Ferreiro, Rosa Maria
Correo electrónico
vicente.ojea@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
maria.ruiz.pita-romero@udc.es
rosa.soto.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende proporcionar os coñecementos e as habilidades necesarias para a determinación experimental de propiedades fisicoquímicas básicas e a elucidación estrutural dos compostos químicos mediante a aplicación de técnicas espectrométricas, espectroscópicas e electroquímicas
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizan cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen:todas (sesións maxistrais, seminarios, obradoiros e prácticas de laboratorio). *Metodoloxías docentes que se modifican: todas as metodoloxías se adaptan á modalidade híbrida ou non presencial a través de Moodle e Teams e se mantén a programación establecida no calendario de coordinación do Centro. - Nas prácticas de laboratorio de operacións estándar o alumnado realizará un informe do traballo previo a partir dos materiais autoexplicativos dispoñibles en Moodle. A Proba mixta consistirá nun exame individual manuscrito, realizado de maneira asíncrona a través de Moodle e, no caso de que a coordinación co resto das materias o permita, se contempla a súa realización adiantada durante o período lectivo. - Nas prácticas de caracterización fisicoquímica se facilitarán a través de Moodle materiais de elaboración propia con carácter autoexplicativo (presentacións de PowerPoint con audio e vídeos explicativos, guións de prácticas adaptados á docencia virtual e “supostos prácticos” individuais) que permitirán que o alumno realice un traballo previo de preparación e un traballo “on-line” relacionado coas prácticas. A Proba práctica consistirá nunha proba “on-line” sobre o traballo previo e o relacionado coas prácticas. En ambos casos as experiencias de laboratorio que non foran realizadas de maneira presencial ou “on line” no serán avaliadas. A competencia A26 (levar a cabo procedementos estándar en laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con compostos orgánicos e inorgánicos) deberá ser reforzada en cursos posteriores. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: o seguimento personalizado realizarase a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as titorías, a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta TEAMS. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. 4. Modificacións na avaliación: as contribucións á calificación final das metodoloxías avaliables modificanse da seguinte manera: proba mixta (30 %), obradoiros (15 %), prácticas de operacións estándar (5 %), prácticas de caracterización fisicoquímica (40 %), e proba práctica (10 %) *Observacións de avaliación: mantéñense todas as observacións incluídas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizan modificacións, todos os materiais necesarios encontraranse dispoñibles en Moodle ou mediante acceso aos recursos electrónicos dispoñibles na Biblioteca do Centro.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes