Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Asignaturas
  Cultura xurídica europea
   Contidos
Temas Subtemas
O SISTEMA DO IUS COMMUNE EN EUROPA A formación do ius commune
O ius proprium dentro do sistema do dereito común
A AUTONOMIA DO DEREITO NA TRADICION JURIDICA OCCIDENTAL I. Xurisprudencia e Dereito na cultura política romano¬-republicana. O modelo de Dereito legal justinianeo. Transmisión de valores e modelos diferentes á cultura política europea.


II. Formación e desenvolvemento da profesión xurídica na Europa medieval. Factores culturais e políticos que propician a profesionalización e consolidación da autonomía da función xudicial.


III. A dimensión político-cultural do Humanismo xurídico. A constitución romano-republicana como referente para a renovación do Dereito público.


IV. Os Estados nacionais como espazos xurídicos autónomos. Desenvolvemento de modelos legais pechados e de bloques normativos uniformes no conxunto do territorio.


V. O Estado de Dereito e o seu sistema de valores como conquista histórica da cultura occidental. Identidade europea e pluralismo cultural. Dereitos nacionais e Dereito común europeo
CULTURA XURÍDICA EUROPEA (PERSPECTIVA FILOSÓFICA)


Contribucións da filosofía á cultura xurídica europea:

a) A comunidade política como comunidade xurídica

b) Os fundamentos filosóficos dos dereitos humanos.

c) As concepcións da xustiza. Ética e Teoría da xustiza.

CULTURA XURÍDICA EUROPEA (PERSPECTIVA DE DEREITO ECLESIÁSTICO) Relacións entre os poderes públicos e os poderes relixiosos en Europa

1. Historia das relacións entre o poder temporal e o poder espiritual.

2. Os sistemas de relación presentes na actualidade europea.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes