Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Asignaturas
  Cultura xurídica europea
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá as ideas básicas e fundamentais de cada un dos puntos do programa, dando as instrucións e guiando a aprendizaxe autónoma do alumno.
Actividades iniciais O coordinador do módulo realizará unha presentación do mesmo indicando as competencias que se pretende que alcance o alumno, os resultados de aprendizaxe e os obxectivos esenciais do módulo. Así mesmo, exporá as metodoloxías que se empregarán e o sistema de avaliación.
Presentación oral Os alumnos realizarán presentacións orais froito de traballo previo e lecturas, sempre baixo a orientación e dirección do profesor.
Aprendizaxe colaborativa Trátase de que os alumnos, divididos en pequenos grupos, aprendan a traballar en equipo. Para iso, as tarefas a realizar serán diversas pero todas perseguirán que os estudantes reforcen competencias de organización, xestión, liderado e capacidade de traballar en grupo.
Estudo de casos O profesor presentará aos alumnos casos prácticos para resolver ou exporá unha aprendizaxe baseada en problemas.
Análise de fontes documentais Baixo a orientación do profesor os alumnos analizarán as fontes xurídicas máis relevantes do ordenamento xurídico comunitario
Discusión dirixida O profesor presentará un aspecto controvertido ou con varias vías de desenvolvemento e os alumnos defenderán algunha das posibles posturas, sinalando argumentos a favor da súa solución. Con iso perséguese, fundamentalmente, que o alumno consiga competencias que fortalezan a súa capacidade de argumentar e argüir xuridicamente.
Proba obxectiva Realizarase, ao finalizar o cuadrimestre, un exame.
Traballos tutelados O profesor encargará a elaboración de pequenos traballos sobre aspectos tratados nas sesións maxistrais e para o que facilitará a oportuna bibliografía aos alumnos a efectos de que complementen a súa formación con determinadas lecturas. En todo momento, o profesor guiará e orientará a tarefa que realice o alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes