Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
 Asignaturas
  Cultura xurídica europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B1 B9 Valoraranse as intervencións de interese realizadas polos alumnos dentro das sesións maxistrais que corran a cargo do profesor. 20
Presentación oral B2 B3 B4 C1 C3 Avaliarase a expresión oral (forma) e o contido adecuado (fondo) das presentacións orais que, de ser o caso, efectúen os alumnos. 10
Estudo de casos B2 B3 B4 Valoraranse as posibles prácticas realizadas polos alumnos sobre casos ou resolución de problemas expostos polo profesor. 10
Discusión dirixida B5 B1 B2 B3 B4 C1 Serán avaliables as intervencións levadas a cabo polos estudantes no marco de debates ou discusións sobre aspectos vinculados á materia. 10
Proba obxectiva B5 B3 B9 C1 Realizarase un exame ao finalizar o primeiro cuadrimestre sobre os contidos formativos traballados durante ese período. 40
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a calidade do traballo realizado polo alumno seguindo as pautas previamente fixadas polo profesor. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será requisito necesario asistir, polo menos, ao 80 % da actividade docente presencial. A avaliación levará a cabo mediante a valoración da actividade presencial que realice o alumno (60%) e un exame que se realizará ao finalizar o cuadrimestre (40%). Dentro da idea dunha metodoloxía de créditos ECTS, o alumno deberá ser consciente de que a avaliación será continua, polo que se valorará a súa participación activa en todas as actividades que se realicen na aula (debates, exposicións orais, discusión de casos, etc. )polo que cobra gran importancia o seu traballo persoal.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes