Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B6 C2 Avaliaranse varias composicións. As características de cada unha serán explicadas polo profesor(a). 20
Proba obxectiva A9 B1 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais usados en clase, a lectura adicional e os traballos esixidos por ambos os profesores. Incluirá varios tipos de exercicios, unha composición escrita e unha proba de audición. 35
Seminario B4 B6 C4 Avaliaranse a asistencia (5%) e participación (5%) dos alumnos (=10%) 10
Presentación oral A9 B4 C2 Ao alumno esixiráselle unha presentación acerca dun tema elixido por el / ela, que contén un elemento de polémica. Debe basearse nun texto extraido dunha revista, unha páxina de Internet, un periódico, etc, onde se expresa un punto de vista, e o alumno debe incluír e argumentar o seu propio punto de vista achega do tema. Esta proba é individual; non pode presentarse en parellas ou grupos, e debe levar a cabo sen ter apuntamentos diante. Poderase utilizar unha presentación con PowerPoint ou similar, pero a mesma só debe consultarse, non lerse. Proporcionaranse máis detalles no programa da materia que se atopará en Moodle. 20
Proba oral B4 C2 Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronuncia e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticales. 15
 
Observacións avaliación

Os profesores teñen acceso ao programa "Turnitin", moi útil á hora de evitar o plaxio.

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas escritas recibirán a cualificación de NP.

AVALIACIÓN XULLO: Os/As estudantes que  non superen a proba na primeira oportunidade terán que ir á oportunidade de xullo, onde os criterios de avaliación serán os seguintes: Proba oral 10%, Proba obxectiva 40%, Presentación oral 15% Portafolio do alumno 20%, Resumo oral dun conto curto en inglés, eligido polo profesor (15%) do libro de Roald Dahl: “Collected Short Storiesof Roald Dahl Vol 2” (15%) La historia para el curso 2019/2020 es “Lamb to the Slaughter".

Pódense descargar legalmente estos contos en calquera destos enlaces:

https://royallib.com/read/Dahl_Roald/The_Collected_Short_Stories_of_Roald_Dahl_Volume_2.html#0

Os alumnos que aproban unha parte da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetir esa parte en xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles alumnos que oficialmente se matricularon a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes