Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Historia Económica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A8 C1 C4 Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).

A súa avaliación será conxunta coa das lecturas.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Análise de fontes documentais C8 Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.


35
Lecturas A6 A7 Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.


15
Estudo de casos A9 A10 Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.

A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Actividades iniciais B1 B2 B3 Integran as seguintes actividades:

- Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía e Empresa da Facultade de Economía e Empresa da UDC''.

- Técnicas de comentarios de textos.

- Técnicas de análise de material gráfico e estatístico.

A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Sesión maxistral A3 A4 A5 A12 B4 B5 B9 B10 C5 C6 C7 Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso.

A súa avaliación farase basicamente ao través da proba obxectiva de final de curso.


0
Proba obxectiva A4 A5 A7 B2 B3 Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. Para superar a materia haberá que obter polo menos quince puntos. Valorarase a capacidade de expresión, manexo e dominio do vocabulario específico, capacidade analítica e sintética, e coñecemento dos contidos do programa.


50
 
Observacións avaliación

O alumnado que só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final será cualificado como non presentado, con independencia da cualificación acadada.

Os criterios de avaliación correspondentes á segunda oportunidade serán
similares aos da primeira oportunidade. Os alumnos realizarán unha proba
obxectiva cuxo resultado se sumará á nota da avaliación continua obtida
durante o curso.

Está prohibido o acceso ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

É obrigatoria a presentación dun documento oficial de identificación para o acceso ao exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes