Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Os traballos tutelados (ver descrición abaixo) e as actividades puntuais que se levan a cabo nas clases interactivas
Lecturas Lecturas obrigatorias que se realizan fóra da aula e que se poden clarificar durante as clases expositivas, e lecturas adicionais que apoian a información presentada nas clases expositivas e que forman a base bibliográfica para os traballos.
Sesión maxistral Exploracións e explicacións baseadas tanto nas lecturas básicas da materia como noutras que complementan e enriquecen as básicas
Proba mixta Exame final baseado nos apuntamentos das clases expositivas, nas actividades das clases interactivas e nas lecturas obrigatorias
Traballos tutelados Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita ou como presentación oral. As datas límites serán especificadas o primeiro día de clase, xunto coas pautas para realizar adecuadamente cada traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes