Aprendizaxe colaborativa |
Técnica de traballo individual con exposición pública durante na clase de Grupo Grande (GG) e debate.
|
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensinanza-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para acadar os obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela se pretende obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos coñecementos previos do alumnado.
|