Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde Terapia Ocupacional ó ciclo vital
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar.
1.2 Análise das principais ocupacións na infancia e adolescencia.
1.3 Análise dos recursos sociocomunitarios.
1.4 Análise dos medios de comunicación e valores.

Tema 2.- Calidade de vida
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)
2.1 Aproximación á calidade de vida desde Terapia Ocupacional.
2.2 Historia de vida.
Tema 3.- Autores de referencia en Terapia Ocupacional: Infancia e Adolescencia 3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico.
3.2 Análise e reflexión dos contextos históricos e socioculturais.
Tema 4.-Rede de servizos: recursos existentes (ou por desenvolver) para a infancia e a adolescencia 4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos.
4.2 Lexislación que afecta ó servizo e á súa práctica.
4.3 Habilidades, funcións e rol do terapeuta ocupacional.
4.4 Relación co equipo interdisciplinar.
4.5 Perfil das persoas usuarias.

Tema 5.- Proceso de Terapia Ocupacional na infancia e adolescencia: Autonomía persoal e Participación 5.1 Derivación.

5.2 Screening/valoración inicial.

5.3 Fundamentos teóricos relevantes para Terapia Ocupacional para a Promoción da Autonomía persoal na Infancia e Adolescencia e a súa aplicación:
- Marcos de Referencia Teóricos Primarios.
- Modelos de Práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo de adaptación a través da ocupación, Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional da Asociación Estadounidense de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso, entre outros.
- Articulación co conxunto de técnicas pertinente.
- Ciencia da ocupación.
- Práctica centrada na familia.
- Práctica baseada na evidencia.
- Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde. Infancia e adolescencia.

5.4 Avaliación ocupacional:
- Perfil ocupacional e análise do desempeño.
- Persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s.
- Áreas de desempeño ocupacional.
- Avaliación das contornas significativas: domicilio, centro educativo, centro de ocio e tempo libre e demais recursos comunitarios.
- Barreiras e facilitadores do desempeño ocupacional, dos dereitos ocupacionais e saúde e benestar das persoas/grupos/comunidades.
- Ferramentas estandarizadas e non estandarizadas.
- Técnicas cualitativas e cuantitativas.

5.5 Planificación de metas e obxectivos en colaboración coa persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s e coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT.

5.6 Planificación e intervención desde Terapia Ocupacional.
- Consenso co/a usuaria/o, familia, profesionais, tendo en consideración as contornas significativas, as características e as prioridades da/o usuaria/o, as situacións de saúde de maior incidencia (por exemplo: parálise cerebral; parálise braquial obstétrica; discapacidades sensoriais; trastornos do desenvolvemento; trastornos da conducta alimentaria; trastornos da conducta; trastornos do estado de ánimo; drogodependencias); así coma situacións de vulnerabilidade social (pobreza, exclusión, inmigración/desprazamento forzado, violencia machista, entre outras.) que poden impactar negativamente no desempeño ocupacional e/ou producir situacións que comprometan os dereitos ocupacionais das persoas/grupos/comunidades.
- Traballo nas áreas de ocupación empregando a ocupación/actividade significativa en colaboración co/a usuaria/o, grupo/s, poboación/s, familia, profesionais, entre outros.


5.7 Actuación nos factores ambientais que funcionan como facilitadores/barreiras de participación en ocupacións da infancia e adolescencia. Produtos de apoio, actitudes/crenzas, alianzas, etc.

5.8 Asesoría de terapia ocupacional cos infantes e adolescentes: persoa/s, grupo/s, comunidade/s e demais profesionais, familias, amigas/os e outros.

5.9 Planificación da alta, seguimento e/ou derivación.
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da Calidade do servizo de Terapia Ocupacional: Infancia e Adolescencia 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros).
6.2 Actualización permanente da/o profesional.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes