Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A29 B3 B24 C4 C7 A asistencia será obrigatoria e valorarase a capacidade da/o alumna/o para integrar os conceptos teóricos impartidos na clase así como a demostración da adquisición das competencias da materia.

No curso académico 2020/2021, esta metodoloxía será impartida de forma virtual a través da ferramenta Teams.
5
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 Valorarase 1) actitude e participación: Actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación(interacción empática, proactiva, analítica e constructiva); Respecto (aos participantes do grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); Responsabilidade (consigo mesma/o e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensinanza-aprendizaxe).
Asemesmo, valorarase 2) a memoria do laboratorio: cumprir as instruccións, a presentación (coidado, ortografía, linguaxe) e a reflexión (elaboración, integración e crítica de todos os contidos do laboratorio).
30
Estudo de casos A1 A3 A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B19 B24 B36 C4 Nesta metodoloxía valorarase tanto o proceso de traballo como o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Polo tanto, terase en consideración a evolución do estudantado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda) así como a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso de traballo. No referente ao contido valorarase que o caso sexa coherente co proceso de Terapia Ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da/s persoa/s, grupo/poboación, as súas ocupacións e contextos, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos da práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadiense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persona Entorno Ocupación, Modelo da adaptación a través da Ocupación, Modelo Australiano de Terapia Ocupacional, entre outros. Finalmente na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así como a capacidade de expresión escrita (erros gramaticais e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal acorde ao foro). 30
Proba mixta A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 C8 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), e a integración de conceptos. 35
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións
expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do
Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se
establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas
titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio
nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

Considerarase como "non
presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha
materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se
establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para
cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non
presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas
condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria
no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia.

Con carácter xeral, a avaliación
das materias será continua ao longo do curso, sen prexuízo do indicado nas
memorias de verificación da titulación. A cualificación final será consecuencia
dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como
norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas
establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá
establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou,
no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. As guías docentes
deberán establecer a ponderación das distintas actividades de avaliación e, no
seu caso, da proba global, no marco que o centro puidese establecer.

Se valorará a puntualidade e a
asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías
establecidas na materia.

Para aprobar a materia, a/o estudante
debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os
traballos e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso de
avaliación da materia. Ademais, será necesario ter unha cualificación mínima de
1.75 (sobre 3.5) puntos na proba mixta, e só se terán en conta para a
cualificación final as notas das outras metodoloxías, se o/a alumna/conséguea
dita puntuación na proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria
corresponderá á nota obtida na proba mixta. As notas obtidas no resto de
metodoloxías serán tidas en conta para a súa cualificación na segunda
oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a proba mixta.

Segundo a norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da
Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar
dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa
académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto
non afecte negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto,
as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da
citada dispensa. 













Por
tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da
valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo
en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes