Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
|
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
|
Aprendizaxe servizo |
Actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a
resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da titulación na que se enmarca esa materia. Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia. |