Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Work Placement V
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

1. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, realízanse, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica:

- Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.

- Coordinación de la docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os/as profesores e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ó inicio das mesmas e de forma posterior.

- Actividades de peche.

4.- Normas mínimas:

Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respeto ós usuarios, profesionais e instalacións do recurso de prácticas.

Ademais, deberanse respetar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes