Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
 Asignaturas
  Máquinas e Motores Térmicos Mariños
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B12 C2 C7 Proba obxectiva escrita: dúas probas parciais.

Cada unha das probas constará dunha parte teórica (60%) e unha parte práctica (40%).

Exame escrito, constará de dúas partes:
1.- Cuestións (preguntas curtas e/ou tipo test).
2.- Resolución de problemas.

A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a tempo parcial da participación en actividades obrigatorias presenciais enmarcadas na avaliación global da materia.

70
Sesión maxistral B12 C2 C7 Avaliación contínua: computará con ata un 10% da nota final.

Avaliarase a participación activa nas clases, etc.

Os estudantes a tempo parcial que dispoñan de “Dispensa Académica” teñen garantido que a non asistencia a clase non afecta o seu proceso de avaliación.
10
Traballos tutelados B12 C2 C7 Realización dun traballo sobre a temática da materia a elección do alumno que deberá ser presentado oralmente ante o conxunto da clase. Avaliarase a orixinalidade do tema elixido, a presentación e a defensa deste.

Os traballos documentais que se realicen nesta materia non será necesario entregalos impresos. Entregaranse en formato virtual ou soporte informático a través de Moodle ou en arquivo adxunto ao correo designado para o efecto polo profesor/a.

A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a tempo parcial da participación en actividades obrigatorias presenciais enmarcadas na avaliación global da materia.

20
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes