Proba obxectiva |
Unha proba obxectiva que consistirá nun examen teórico e práctico dos contidos da asignatura. |
Prácticas de laboratorio |
Ao longo do curso realizarase unha práctica de laboratorio, que será de obrigada asistencia, e trala cal será necesario entregar unha memoria, na que se abordará un problema relacionado con ditas prácticas. A realización e entrega en prazo desta memoria, cuxo obxectivo, extensión e datas de entrega publicaranse na web (Moodle) da asignatura e faranse públicas nas clases presenciais, é tamén obrigatoria para superar a asignatura. |
Traballos tutelados |
Ao longo do curso será proposto un traballo tutelado, de caracter individual ou en grupo relacionado con algunha das partes en que se divide a asignatura.
Este será de caracter obrigatorio, e será imprescindible a realización e presentación pública do mesmo para superar esta materia.
A presentación pública terá lugar nas horas lectivas do horario da materia, podendo acordar cos alumnos, en casos excepcionáis e sempre a criterio do profesor, outros horarios de defensa.
Os detalles das datas/prazos dos traballos, así como o seu contido e o seu caracter individual ou en grupo, publicaranse na web (Moodle) da asignatura e se farán públicas nas clases presenciais.
|