Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito Sindical II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A13 A14 A20 A27 A31 A33 A35 B1 B5 B6 B9 B12 B13 C1 C4 C7 A efectos de avaliación o portafolios do alumno comprende todas as prácticas , traballos e tarefas realizados polo alumno durante o curso. 40
Proba obxectiva A1 A14 A27 B1 C1 C4 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
60
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do
traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao
traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a
realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da
aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en
conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e
inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado
obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe.
Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a
través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación
final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da
realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o
esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.
5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na
plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor.
Así mesmo lémbrase aos alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo
que só podrán valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, en su
caso, conten coa correspondente dispensa do profesor . Para ello é preciso
comunicalo con antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que
impida a asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas
dentro do prazo asignado).

 III. PROBA DE CONXUNTO 1. Contémplase a opción de
presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non
permitisen a realización dos traballos relacionados no programa. 2. Esta proba
estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha
cualificación de 10. 3. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos
polo centro. Será requisito imprescindible comunicar ao profesor con antelación
suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas. 

I.V. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo o 100%
da nota obterase mediante a realización dunha proba obxectiva que podrá valorar
tanto os  coñecementos  teóricos como prácticos dos alumnos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes