Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Traballo |
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol) |
Asignaturas |
Economía Española |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Economía Española | Código | 760G01025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | O profesor presentará a materia ao estudante e, se fose ocaso, avaliará os seus coñecementos previos |
Sesión maxistral | O profesor explicará contidos básicos da materia mediante exposicións orais complementadas con medios audiovisuais e preguntas dirixidas aos estudantes, ca finalidade de transmitir coñecementos e orientar a aprendizaxe. |
Presentación oral | O/a estudante deberá presentar oralmente 1 ou 2 temas de actualidade sobre a economía española. |
Lecturas | O/a estudante realizaraas sobre aspectos do temario da materia. O profesor poderá seleccionar as lecturas máis oportunas de entre a bibliografía da materia. |
Obradoiro | O/a estudante traballará sobre as lecturas programadas. Poderá consistir en dar solución a problemas, ensaios, respostas a preguntas, resumos etc. Poderá ser obxecto de seminarios, debates ou postas en común. |
Proba mixta | Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía española. Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames. Avaliarase o coñecemento dos contidos teóricos e prácticos da materia. Poderá conter unha pregunta onde o/a alumno/a deba expoñer un tema co apoio de datos sobre variable/s relevante/s do programa. Tamén poderá haber preguntas de resposta breve, de resposta múltiple, prácticas etc. |
|