Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Economía Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A13 A18 A31 B1 B2 B4 B8 B19 B20 C1 Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames. Esíxese unha cualificación igual ou superior a 3/10 nela para superar a materia. Poderá incluír unha pregunta onde o alumno deba expoñer un tema co apoio de datos sobre variable/s relevante/s do programa. Ademais do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
60
Obradoiro A6 A13 A18 A19 A29 A31 B1 B2 B4 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 C1 C3 Varios ao longo do curso, sobre as lecturas programadas. Valorarase en gran medida o esforzo persoal e a aprendizaxe continua. A súa avaliación comprende a lectura previa correspondente. 35
Presentación oral A6 A13 A18 A19 A31 B2 B4 B8 B20 B21 C1 C3 C4 C6 Valorarase a adecuación do tema exposto á materia, o seu grao de dificultade, o dominio do tema e a habilidade na comunicación oral. Unha ou dúas ao longo do curso. 5
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación principal e recomendable é o de avaliación continua, que inclue todos os elementos descritos anteriormente. Este sistema está pensado para unha aprendizaxe continua, e esixe do estudante unha implicación ao longo do curso, tanto na asistencia e participación na aula, como fora dela. Algunhas aclaracións sobre este tipo de avaliación:

  • Cada obradoiro terá unha avaliación única para cada estudante que a realice.
    O conxunto deste tipo de actividades pondera o 35% na cualificación final.
  • Para obter a cualificación de "Non presentado", os estudantes non
    poderán realizar actividades que ponderen o 20% ou máis na avaliación do curso,
    independentemente da cualificación obtida nelas.
  • Mínimos das partes da
    materia: para superar a materia, cómpre unha cualificación igual ou superior a
    3 sobre 10 na proba mixta.
  • Todas as oportunidades de
    avaliación se realizarán cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as
    cualificacións da avaliación continua (obradoiros, presentación oral)
    realizadas durante o curso.

Estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: deberán
comunicarse co profesor nas dúas primeiras semanas de curso e poderán elixir
entre: a) o sistema de avaliación do resto de estudantes adaptado ás
súas circunstancias (por exemplo, realizando os obradoiros fóra de horario de
clase e enviándoos por correo electrónico) ou b) unha avaliación só con
proba mixta que represente o 100% da cualificación; sería aplicable o descrito
para esta proba para o resto de estudantes, salvo que, neste caso, habería que
ter 5 ou máis sobre 10 para superar a materia. Esta elección manteríase
para todas as súas oportunidades de avaliación. 



Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido acceder á
aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou o almacenamento de información.

En calqueira caso, a materia está suxeita e supeditada ás normas e directrices emitidas pola Xunta de Centro, pola Reitoría e outras de nivel superior.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes