Fundamentos estratéxicos, metodolóxicos e técnicos da investigación sobre lingua e literatura española.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
–Sesión maxistral (telemática síncrona ou asíncrona)
–Traballos tutelados
–Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Sustitúense as discusións dirixidas por atendimento de carácter grupal a través de Teams (por vía síncrona ou asíncrona) para a resolución de dúbidas respecto da lecturas obrigatorias.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
–Correo electrónico
–Moodle
–Teams (con sesións síncronas ou asíncronas en virtude das necesidades e posibilidades do alumnado e profesorado).
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%)
En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
– A profundidade do contido.
– O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
– O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
– A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
– A presentación e a claridade da exposición
*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
- O alumnado que tivese dificultades para o seguimento da materia durante a aplicación deste plano de continxencia por motivos de saúde, de conciliación (coidado de menores ou maiores dependentes) ou de carencia de recursos técnicos, de espazo ou materiais, deberá porse en contacto co profesorado para arbitrar as condicións de flexibilización necesarias a fin de minimizar o impacto destas circunstancias no seu desempeño académico.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo estarán ao dispor en acceso dixital a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías