A materia pretende introducir aos estudantes no coñecemento das características xerais do desenvolvemento e da adquisición da linguaxe, centrándose na adquisición da lingua materna ou primeira lingua. Trata de presentar a linguaxe no contexto do comportamento humán, destacando as interrelacións entre linguaxe, motricidade, afectividade e cognición. A materia pretende achegar ao estudante ao coñecemento do desenvolvemento da linguaxe desde unha perspectiva profesionalizante. Por iso as prácticas de campo e de aula cobran unha importancia esencial no desenvomento da materia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Mantéñense todos os contidos programados
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
A proba mixta será substituida por prácticas a través das TIC nas que se avalie específicamente os contidos teóricos expostos nas sesións expositivas e a análise de fontes documentais propostas como introdución, complemento ou síntese dos mesmos.
De non ser posible manter a aprendizaxe colaborativa, en pequeno grupo ou por parellas, as tarefas e actividades programadas deste xeito (estudo de casos e traballos tutelados) tamén serán sustituidas por prácticas individuais a través das TIC.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Moodle e TEAMS. As titorías realizaránse preferiblemente a través dos medios telemáticos habilitados desde a UDC.
4. Modificacións na avaliación.
As prácticas a través das TIC que sustitúan a proba mixta suporán igualmente o 40% da cualificación final da materia, xunto có 10% adicional asignado á entrega en prazo e forma oportunas das prácticas que se realicen sobre as fontes documentais.
*Observacións de avaliación:
Tal e como se establece na guía docente, a avaliación será continua.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non é preciso realizar modificacións. As fontes documentais obxecto de análise estarán a disposición do alumnado a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías