Coñecemento das habilidades deportivas sociomotrices do voleibol como compoñentes procedimentais na educación física e iniciación deportiva e nas didácticas derivadas da súa especialidade. Coñecemento do elementos técnico-tácticos que o estructuran como deporte.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non serán modificados.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As seguintes actividades manteranse, segundo a descrición na guía docente, se ben serán levadas a cabo a través das ferramentas telemáticas posta ao noso dispor pola UDC:
• Actividades iniciais
• Portafolios das/dos estudantes (computa na avaliación)
• Recensión bibliográfica (computa na avaliación)
• Traballos tutelados (computa na avaliación)
• Sesión maxistral
• Aprendizaxe colaborativa
*Metodoloxías docentes que se modifican
• Elimínase a práctica de actividade física, sen ser substituída.
• Modifícase a proba mixta: dende a suspensión da docencia presencial non se continuará a facer a proba de dominio técnico-táctico básico, pero computarase o feito ata o momento da suspensión, se houbo un mínimo de 4 sesións.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
• Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
• Teams: 2 sesións semanais por grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Sesións a demanda do alumnado (en pequeno grupo), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. Sesións individuais para titorías individuais.
4. Modificacións na avaliación
• A proba mixta (preguntas e deseño de sesión) computará o 30% da nota final do estudante, e será lavada a cabo mediante Moodle, habilitándose un só intento por estudante a ser levado a cabo o día do exame, segundo o calendario aprobado en Xunta de Facultade.
• O traballo tutelado computará o 30% da nota final do estudante
• O portafolios computará o 40% da nota final do estudante.
Tanto no suposto de que unha/un estudante acadase Apto na derradeira proba de dominio técnico-táctico do curso (de terse levado a cabo alo menos unha - ver apartado de proba Mixta en Metodoloxías) ou no caso de non terse realizado ningunha, considerarase aprobada a materia con acadar 5 puntos sobre 10 na suma das actividades de avaliación de Traballo tutelado, exame, e portafolios.
*Observacións de avaliación:
Se unha/un estudante non supera a materia por non ter acadado o aprobado (da primeira oportunidade), poderá na segunda oportunidade presentar cantas metodoloxías non tiveran acadado o 50% da súa puntuación máxima, da primeira oportunidade.
Se unha/un estudante non acada o apto na proba de dominio técnico-táctico na primeira oportunidade, terá que facela na segunda oportunidade (as súas características adaptaranse á situacións de posible confinamento).
Se unha/un estudante non supera a materia, nin na primeira nin na segunda oportunidade, ningunha das metodoloxías superadas serán gardadas para o vindeiro ano académico.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Nin a bibliografía nin a webgrafía serán modificados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías