Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Tanto nas sesións expositivas como interactivas proporanse actividades en pequeno grupo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe mutua (planificación conxunta, comunicación multidireccional, etc.).
Discusión dirixida O profesorado guiará o debate sobre diversas temáticas relativas ás adicións co obxectivo de promover o debate grupal, o intercambio de opinións e experiencias, etc.
Estudo de casos Ao longo das sesións interactivas formularanse algunhas casuísticas relacionadas coa adición co obxecto de analizar en profundidade as súas causas, factores mantedores e consecuencias.
Portafolios do alumno Cada estudante deberá recompilar todas as actividades propostas nas sesións interactivas nun dosier que entregará ao final do cuadrimestre, nunha data a sinalar polo profesorado. A entrega deste dosier é individual.
Proba mixta Para a avaliación dos contidos abordados nas sesións expositivas o alumnado deberá efectuar unha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e outras de resposta curta (preguntas a respostar cunha palabra ou en poucas liñas, de completar, de poñer un exemplo, unha definición dalgún termo relevante, etc.).
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Sesión maxistral As sesións expositivas serán desenvolvidas polo profesorado mediante presentacións en power point dos principais contidos de temario.
Solución de problemas Entre as actividades propostas ao longo do curso, desenvolveranse algunhas nas que o alumando deberá aportar solucións a problemas formulados en relación ás adicións.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Análise de fontes documentais Durante o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas proporcionaranse diversas fontes audiovisuais e escritas relacionadas cos contidos do temario co obxectivo de que o alumnado analice e comprenda os aspectos psicolóxicos e sociais implicados nas adicións.