Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consistirá na realización das prácticas na entidade elixida para tal fin (coa supervisión dun/a titor/a académica e un/a titor/a profesional). As actividades a realizar polo alumnado e as condicións nas que estas se desenvolven estarán recollidas nun Proxecto Formativo redactado ao comezo do período de prácticas. Ao finalizar as prácticas o alumnado etregará unha Memoria de Prácticas (seguindo o formato establecido) que serán entregados presencialmente nas datas sinaladas.